top of page
Buscar
  • Foto del escritorPetricor Ourense

QUE É PETRICOR?


BENVIDO/A A PETRICOR!


Este é o proxecto de Antía, Noemí e Inés, tres futuras educadoras sociais do Campus de Ourense da Universidade de Vigo (UVigo).


Petricor é o nome que recibe o olor que se produce cando a choiva cae sobre a terra seca, concretamente a ese cambio no aroma tras a falta prolongada da mesma.

A decisión e relación deste nome coa Educación Social, xorde do significativo que é que esa transformación se produza, tendo gran similitude co cambio polo que todos/as os/as educadores/as sociais loitamos cada día.

A importancia da sociedade neste proceso de cambio lévanos ao lema que acompañará a Petricor: "ti es a esencia do cambio", xa que dende esta carreira e profesión considérase que todas as persoas somos necesarias e temos valor por igual en todo o que nos rodea.


QUE PRETENDE PETRICOR?


A súa finalidade é darlle voz a Educación Social mediante a publicación de diferentes entradas no Blog nas que poderás atopar información relativa a este profesión (áreas, competencias, saídas profesionais...). Todo isto apoiado polas reflexións de profesionais da Educación Social como poden ser o profesorado do Campus de Ourense, o alumnado deste grao, así como as experiencias de educadores/as sociais que xa estén traballando e toda aquela persoa que desexe colaborar con esta iniciativa.

Ademais, mediante este proxecto queremos loitar para evitar confusións con outras carreiras, intrusismo laboral, menosprezos por descoñecemento da profesión e dar exemplo da realidade do que significa ser educador ou educadora social.

Por outra banda, abriremos un espazo onde calquera persoa interesada poderá dar a súa opinión respecto algún tema, consellos e incluso o intercambio de información como apuntes das materias impartidas neste grao.

Co obxectivo de promocionar Petricor, queda a vosa disposición o noso Instagram "petricor_ou", no que avisaremos das entradas do Blog, novas interesantes e datos curiosos relacionados coa Educación Social.

Por último, para intentar cumprir todo o mencionado e ser as primeiras en dar exemplo como educadoras sociais, están á venta unhas pulseiras diseñadas por nós co logo de Petricor e co lema "ti es a esencia do cambio", das que os seus beneficios serán doados integramente á Protectora de Gatos e Cans de Ourense (PROGAPE).



174 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page