top of page
Buscar
  • Foto del escritorPetricor Ourense

Que ten que ver a moda?


Hoxe Carla,  unha xornalista que aposta pola sociedade, pola humanidade e por un futuro mellor, fai a súa aportación amosando a súa visión sobre prexuizos e a falta de valor que moitos/as profesionais reciben a diario, de maneira personal e cara a súa profesión.

Desde Petricor queremos agradecer a súa participación, interese e apoio, polo proxecto, polos animais e pola Educación Social. Gracias Carla!


Que ten que ver a moda?



A Educación Social vive sorteando prexuízos constantemente. "Que é a Educación Social?", "Para que serve?", "Iso é unha carreira?", "Seguramente a fan os que non queren estudar" ou outras frases como "Educación Social e Traballo Social son o mesmo".

Dende a miña perspectiva de xornalista, a Educación Social é unha carreira esencial para as nosas vidas. Os educadores son esas persoas que están cando un familiar noso ten algún problema coma unha discapacidade ou algunha enfermidade dexenerativa, son os que fan rir e manteñen viva a ilusión dos nosos avós e avoas e son os que ensinan os valores esenciais a todos aqueles nenos e non tan nenos considerados 'problemáticos' polo resto da sociedade. Se isto é non valer para nada ou non ser unha carreira válida, que alguén me explique cal o é. Os xornalistas vivimos tamén con ese prexuízo de ser frívolos ou mentireiros. Algúns gañáronse ese título a pulso mais, o resto estudamos unha carreira, tan infravalorada pola sociedade, para cambiar o rol da información, para facer un servizo social de xustiza e de dereito.

O xornalismo pode axudar a mellorar a vida da xente tal e como o fai a Educación Social e paradoxicamente, tanto unha como a outra, son carreiras desprezadas pola sociedade e sen valor algún por parte dos que descoñecen o seu fin.

Educadores e xornalistas temos que lidiar con que ninguén queira pagar polo noso traballo social ou que nos voten á rúa porque supostamente xa non facemos falla. Que non vos asuste a lista do INEM, a nosa vocación e a nosa función social é moito máis importante que calquera obstáculo que nos poñan por diante. Con tantos atrancos no camiño, un día decidín facer unha web miña para falar de moda e sobre todo da moda que se fai no sur de Galicia.



Cardel Comunícate naceu pouco a pouco e deste xeito vai medrando.

O mundo da moda é outro ámbito maltratado igual que o Xornalismo e a Educación Social.  A moda táchase de superficial, de que só fomenta a anorexia e de que é algo moi elitista. En Cardel non estamos dacordo con estas acusacións e por iso na nosa web tratamos de falar do lado bo e humano da moda.

A moda axuda a que moita xente mellore o seu estado de ánimo, expresa emocións e personalidades e a través dela cada un de nós podemos ser libres, sen prexuízos. É terapéutica ao igual que a Educación Social e fai labores sociais a través de inumerables iniciativas.

A moda ten moito que ver co Xornalismo e coa Educación Social, algo que gusta tanto e que fai moito ben é infravalorado por aqueles que non a coñecen ben. A Educación Social merece que lle den o seu sitio na sociedade e que nunca máis volvamos escoitar as frases que citei no primeiro parágrafo.

Algún día o Xornalismo volverá ser unha profesión de prestixio polo seu labor social e os xornalistas iremos da man dos educadores para reivindicar hoxe e sempre que a nosa presenza é importante.

48 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page