top of page
Buscar

COMO AUGA DE MAIO!


Hoxe contamos coa participación do profesor José Luis Fernández Méndez, o cal imparte clase nos grados de Educación Primaria e Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da UVigo. Moitas grazas pola colaboración, foi un pracer contar coa túa axuda neste proxecto!!


Se a calquera Director/a de Centro Educativo lle preguntáramos sobre a posibilidade de contar cun Educador Social ou Educadora Social para o seu Centro, a resposta sería algo parecido a “sería como auga de maio”. E este sentir ten unha fácil explicación.


Cada vez hai máis familias, sobre todo nas zonas máis desfavorecidas social e economicamente, que desconfían do sistema educativo como medio para adquirir unha formación que lles reporte unha saída á situación adversa que soportan. A esta forma de concibir a situación, debe engadirse o feito de que, debido á desestruturación en calquera dos seus diversos ámbitos (económico, social, familiar ou afectivo), desatenden aos seus menores e déixanlles nunha contorna inestable, hostil e sen límites a temperá idade.


Esta secuela que cada vez con máis forza azouta a nosa sociedade, e que se viu incrementada debido ao desemprego xerado nos últimos anos como consecuencia da crise económica da década, carrexa diversas consecuencias nefastas para a boa marcha do proceso educativo.


As máis notables son estas:

  • Alto grao de desmotivación. Cada vez é maior a porcentaxe de alumnado desmotivado, como consecuencia de estar moi condicionados/as polo que ven na rúa, nos medios de comunicación e nas redes sociais.

  • Desestruturación familiar. Abundan as contornas familiares inestables. En moitos casos as tutelas legais corresponden a avós/as e a outros/as por diversos motivos de gravidade. Sen esquecernos das desestruturacións ocultas (abusos, malos tratos).

  • Condutas disruptivas e conflitividade. Debido á escasa capacidade do alumnado para manter relacións interpersoais normalizadas, con carencias moi significativas en habilidades sociais, en autoestima, na aceptación de normas e do principio de autoridade.

  • Baixo rendemento académico (chegando ao fracaso escolar). Tamén aumenta a porcentaxe de alumnos/as incapaces de seguir o currículo ordinario, necesitando medidas de atención á diversidade.

  • Escaso apoio familiar na vida académica. Gran parte do alumnado afronta en solitario todos os aspectos relativos a súa vida académica, desde a matriculación ata as decisións críticas ligadas á traxectoria escolar dos/as menores.

  • Contexto económico desfavorecido. É elevado a porcentaxe de alumnado cuxas familias presentan graves problemas económicos como consecuencia do desemprego, sendo os seus únicos ingresos os provenientes de axudas sociais.


Ante estas situacións que se dan en maior ou menor escala na gran maioría dos centros escolares, a solución pasa por un plan de liñas prioritarias de actuación ao longo do curso académico con medidas focalizadas a combater esta situación.


José Luis Fernández Méndez




GARDENING CONTEST (De Jac Depczyk)

Fonte: proporcionada por José Luis Fernández Méndez (2018) *





* Ryan Avent is looking at studies of teachers effectiveness... swapping a bad teacher for an average one can raise the present value of a classroom´s lifetime income by $250, 000.

For: The Economist, 2013-10-09.


79 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page