top of page
Buscar
  • Foto del escritorPetricor Ourense

QUE É A EDUCACIÓN SOCIAL?


Se voltamos a vista atrás podemos pensar que a Educación Social é unha profesión relativamente nova, tendo en conta que o seu recoñecemento académico tivo lugar fai só uns anos en comparación con outras carreiras. De feito, é no ano 1991 coa aprobación do Real Decreto 1420/1991, do 30 de agosto, polo cal se establece o título Universitario Oficial de Diplomado/a en Educación Social. Na Universidade de Vigo, comezouse a impartir a diplomatura de Educación Social no ano 1993, transformándose co paso do tempo nun grao universitario.

Sen embargo, esta situación non é igual na práctica posto que existen persoas que levan actuando como educadores/as sociais dende fai moitos anos.


En relación á súa definición, a Asociación Estatal da Educación Social (ASEDES), afirma que é un dereito da cidadanía que se concreta no recoñecemento dunha profesión de carácter pedagóxico, xeradora de contextos educativos e accións mediadoras e formativas, as cales son o ámbito de competencia do/a educador/a social. Dita profesión posibilita:

  • A incorporación do/a suxeito de educación á diversidade de redes sociais, entendida como o desenvolvemento da sociabilidade e da circulación social.

  • A promoción social e cultural, considerada como a apertura a novas oportunidades de adquisición de bens culturais, os cales estendan as perspectivas educativas, laborais, de ocio e a participación social.


Máis alá das definicións académicas, as cales coñecemos as persoas que cursamos Educación Social así como o profesorado que imparte o grao, é moi difícil escoller unha soa definición da Eduso, posto que cada persoa lle dará o seu propio significado.

De acordo a elo, para nós quere dicir cambiar a sociedade, intentar educar para crear mellores persoas, persoas con valores e comprometidas co feminismo, coa educación ambiental e con calquera forma de diversidade (funcional, sexual, etc.).


E PARA VOS, QUE É A EDUCACIÓN SOCIAL?


Unha vez publicada esta entrada e, tendo en conta que non hai unha definición exacta, saímos ás rúas para preguntarlle a outras persoas que entenden por Educación Social, tanto do propio grao como doutros estudos do Campus de Ourense, posto que o noso blog está orientado a todo tipo de públicos. Este vídeo será publicado nas próximas entradas, non o perdas!





86 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page