top of page
Buscar
  • Foto del escritorPetricor Ourense

GRAZAS

Actualizado: 29 dic 2018


Hoxe en Petricor gustaríanos facer unha reflexión importante.

As veces, o que comeza dun xeito improvisado, sen saber que será de toda esa choiva de ideas que xorden continuadamente, sen sentido e con certo descontrol, remata por ser unha sorpresa inesperada, unha experiencia e, o mellor, unha satisfacción.

E todo isto é o que hoxe significa Petricor.


Sodes moitas as persoas que, desinteresadamente, apoiades e colaborades con este proxecto desde o comezo, algo que únicamente pode respostarse cun enorme GRAZAS!

Se algo estaba claro é que a finalidade de todo isto é axudar, compartir, informar... pero sobre todo medrar xuntos/as.

Non sabemos se a sociedade está pasando polo seu mellor momento, polo que é moi positivo saber que aínda quedan persoas coma ti, dispostas a estar ahí, a mellorar, a loitar por ese cambio tan necesario, a apostar polas persoas e, neste caso por unha profesión de futuro, a Educación Social.

Con pequenos xestos podemos facer algo grande, os animaliños de Progape estarán sempre agradecidos de que moitos/as de vos poidades lucir orgullosos/as a vosa pulseira, e isto tan só é un exemplo.

Aproveitamos para desexarvos a maior felicidade neste Nadal e que, o próximo ano 2019, veña cargadiño de boas novas.

Nós confiamos nas persoas, en ti, polo que é a hora de enfrontarse ós medos, de non esquecer nunca que queda moito por facer e que ... TI ES A ESENCIA DO CAMBIO!





86 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page