top of page
Buscar
  • Foto del escritorPetricor Ourense

Como se enfoca a educación social?

Nun dos campus que pertencen a UVigo, concretamente no Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense, é onde se imparte o grao en Educación Social. Se accedemos ao curriculum do grao (o cal se atopa na páxina web da Universidade) comprobamos que se define esta formación, tal e como o fixo ASEDES na definición que podes ver na entrada anterior do Blog. Ademais disto, especifica as áreas nas que a Educación Social pode exercer a súa labor.




Todo isto, materialízase en distintas asignaturas que se imparten durante a carreira.

A continuación mostrámosvos algúns exemplos:

  • Primeiro curso: psicoloxía do desenvolvemento, filosofía social, antropoloxía social e cultural, pedagoxía social.

  • Segundo curso: xénero e educación, habilidades sociais en educación social, intervención socioeducativa para a inclusión social, educación para o lecer e o tempo libre.

  • Terceiro curso: programas de animación sociocultural, mediación e conflitos e situacións de violencia, prácticum I (prácticas externas), intervención en saúde e educación social (optativa).

  • Cuarto curso: intervención socioeducativa no ámbito familiar, intervención socioeducativa na terceira idade, prácticum II (prácticas externas), traballo de fin de grao.


Sen embargo, e a nivel persoal, consideramos que a educación social ten que ir máis alá das áreas que están propostas a nivel teórico. A nosa realidade cambia a gran velocidade, feito que orixina a aparición de necesidades e problemáticas sociais novas. Isto require que a nosa profesión se adapte ao contexto e á sociedade, e responda adecuadamente ás demandas que vaian xurdindo.


Tal como deixemos na entrada do Blog anterior, falamos con algunhas estudantes de educación social así como persoas externas a esta formación para preguntarlles que é para el/ela a educación social e que ámbitos considera que ten.






94 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page