top of page
Buscar
  • Foto del escritorPetricor Ourense

A REIVINDICACIÓN DE JUAN LUIS RODRÍGUEZ

Actualizado: 29 dic 2018

A entrada de hoxe ven da man de Juan Luis Rodríguez Rodríguez, pertencente ó Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, e quen foi o noso mestre nos inicios do noso camiño na Educación Social.

Deixamos a súa importante reivindicación, pero antes queremos agradecerlle as súas ensinanzas e a súa participación neste proxecto. Moitísimas grazas Juan Luis!!


  • EDUCADORAS E EDUCADORES SOCIAIS NO ENSINO XA!

Este post trata da necesidade de incorporar en Galicia educadoras e educadores sociais nos departamentos de orientación dos centros de ensino, formando parte deles cunhas funcións específicas e as xerais dos departamentos.

Na actualidade, desde os departamentos de orientación, vese cada vez máis a imposibilidade de abarcar e chegar a todas as necesidades do noso alumnado, motivada pola cantidade de funcións que teñen e a falta de recursos humanos.


A Unesco establece un orientador por cada 250 alumnos, ratio moi superada en Galicia e no resto de España ao que se lle suma un listado de funcións e actuacións propias das educadoras e educadores sociais, entre as que podemos destacar:

  • Relación e coordinación con axentes socioeducativos externos: servizos sociais dos concellos, servizo de familia e menores da Xunta...

  • Tramitación de bolsas e axudas sociais para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e, especialmente, as familias en situación de exclusión.

  • Seguimento e control do absentismo escolar.

  • Colaboración no desenvolvemento de programas de prevención e desenvolvemento: educación para a paz e non violencia, tolerancia e igualdade, integración escolar, resolución de conflitos...

  • Participación activa no Plan de Convivencia do Centro, no deseño, na intervención e na avaliación.

  • Participación na dinamización de actividades complementarias e extraescolares socioculturais.

Estas son algunhas das funcións que as educadoras e educadores socias desenvolverían nos centros educativos, ademais das xenéricas que lle competen como membros dos departamentos de orientación.

A incorporación desta figura permitiría que as orientadoras e orientadores adicaran máis tempo a funcións máis específicas como a avaliación psicopedagóxica, a detección de necesidades educativas, o deseño de propostas de adaptación curricular... mellorando a calidade do sistema educativo.


Juan Luis Rodríguez Rodríguez







75 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page