top of page
Buscar
  • Foto del escritorPetricor Ourense

A reflexión de X.M.CID

Actualizado: 14 dic 2018

Os meus parabéns ao alumnado de Educación Social, desta promoción 2015-2019, por esta iniciativa de dar a coñecer a nosa titulación e a nosa profesión a toda a sociedade, a través das redes sociais.

Son moitos os medios con que xa se conta para situar no mapa das profesións a de Educación Social, que sempre foi necesaria para dar cohesión ás comunidades, que non terían sentido sen a produción cultural, a súa transmisión a todos os seus membros, e a renovación constante en beneficio colectivo.

Hoxe, mais que necesaria é imprescindible, porque todos e todas somos destinatarios do labor destes profesionais, desde as idades máis novas ata a vellez.

En determinados momentos podemos asociar a intervención socioeducativa cos colectivos mais vulnerables, e iso é unha parte importante, pois unha sociedade non se pode considerar civilizada, se no seu interior, perviven e aínda aumentan problemas derivados das desigualdades e da exclusión.

Sendo importante esa dimensión, a actuación debe estenderse a toda a sociedade, pois o traballo con colectivos para favorecer o seu benestar e o disfrute dunha vida digna, sería insuficiente, se non actuamos no conxunto da colectividade, que nega eses dereitos, que alimenta prexuízos e estereotipos, impropios dunha sociedade que se autodenomina desenvolvida.

Espero que a sociedade tome conciencia da importancia destes profesionais, e que estes profesionais respondan ao que se espera deles. Ademais da formación recibida na universidade, mediante o grado e os mestrados, hai un compromiso e un entusiasmo en todas e cada

unha das persoas que escollen esta profesión, que os fai imprescindibles para o cambio tan necesario nesta sociedade.


Xosé Manuel Cid

Socio de Honra do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais



58 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page