top of page
Buscar
  • Foto del escritorPetricor Ourense

A REFLEXIÓN de MILLÁN

Nesta entrada contamos coa axuda de Millán Brea Castro (Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa), un profesional que nos impartiu clase este último ano de carreira e do cal aprendemos moito, sobre todo, a loitar polos dereitos da Educación Social.

Aí vos deixamos o texto, pero antes queremos agradecerlle a Millán a súa participación neste proxecto. Gracias compañeiro!


Fonte: proporcionada por Millán (2018)



"Boas! Chámome Millán, e son educador social". Case como se estivera en terapia, comezo as miñas intervencións deste xeito. Por que? Preciso visibilizar a nosa profesión. É fundamental que coñezan que existe un xeito de intervir, de traballar, que é próximo e que entende a sociedade a través da diversidade e do respecto.

Neste intre, a través do Quérote +, pero tamén da Escola de tempo Libre ESTOU, da Asociación AUCE coa súa radio e propostas varias, da Federación Galega de Baloncesto cun programa de Escola de familias, ou mesmo, de asesoramento en proxectos como o Divulgatón nos Museos Científicos de A Coruña, comezo a traballar con esta frase.


Por outro lado, despois da presentación e de cara á proposta que Noemí, Antía e Inés (parabéns polo blog!) de ter un espazo onde reflexionar, teño que comezar pensando en que moi canso debe estar o meu alumnado de escoitarme dicir que a educación social ten cada día máis posibilidades de intervención. Ollo, máis posibilidades non implica máis traballo. De feito, esta é a parte que non acabamos de entender (ou non acabo de explicar mellor). Pensamos que o crecemento de problemáticas sociais vai traer unha demanda de profesionais moi alta: inmigración, adiccións, menores con medidas xudiciais… Non é así, sobre todo se os recortes veñen por onde veñen sempre.


E por que esta reflexión?

Porque coma educador social estou preocupado polo crecemento da conflitividade social: o fascismo aparece (sen ningún tipo de sanción ou vergonza), a censura no humor, o sentirse ofendido/a ante calquer comentario e a "psicosis" social por non ofender a ninguén (especialmente no noso eido) parece non ter límite, as "fake-news" son máis que habituais... Un momento da historia que está sendo demasiado intenso.


Pero aínda que negro, existen camiños por percorrer:


Por un lado, temos que crear unha necesidade de profesionais onde antes non se valoraban. Ou sexa, autoemprego. E por autoemprego, non estou a falar única e exclusivamente de “montar” unha empresa. É vendernos a entidades (incluso públicas) e ofrecer novidades, intervencións frescas e, sobre todo, necesarias. Un exemplo, a creación de dous postos de traballo coma técnicas na Asociación Universitaria AUCE a través do Programa Galeuropa.


Por outro lado, vender a necesidade de asumir nun traballo que non vai ter resultados en días, ou sexa, traballar para ver resultados en anos ou meses. Unha escola de familias, unha educadora en centros de alto rendemento de e-sports, unha educadora nunha escola de tempo libre que forma a futuras monitoras... SEMENTAR.


Este é o noso, o voso futuro. Non parar, facernos ver, meditar e actuar...Regresar á ilusión que vos levou a estudar o Grao, e canalizala cos coñecementos adquiridos: Ilusión, intensidade e motivación.

Isto é un reto. É un estilo de vida. Entender a nosa profesión como cambio. Anímovos a que me acompañedes nesta viaxe que hai anos comecei, que por sorte podo continuar, e no que a partir de xuño terei novas compañeiras.

81 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page