top of page
Buscar
  • Foto del escritorPetricor Ourense

A AXUDA COMO A NOSA FINALIDADE BÁSICA, PRECISAMOS A TÚA


O proxecto Petricor, como se menciona na presentación, ten o dobre propósito de axudar tanto en visibilizar a Educación Social como en darlle a importancia que se merece. Un dos medios empregados para facelo son as pulseiras que diseñamos co nome do proxecto e o logo. Estes accesorios están á venta, e os beneficios obtidos serán entregados a unha asociación sen ánimo de lucro.


No noso caso, a asociación seleccionada, despois de informarnos e atoparnos con afirmacións como...


"O noso obxectivo non é só alimentar, limpar e dar en adopción, o noso obxectivo é moi claro e cada día máis... Un can pode morrer por ter unha hernia, nin por tumores nin por infección no útero e, polo tanto, trataremos de poder operar a todos eses animais... Pódese pensar que son casos illados pero non...".

"Solicitamos axuda voluntaria para calquera que queira contribuír ou aportar algo para custos mínimos que supoñen estas probas, cirurxías, tratamentos... Porque despois das cirurxías ou consultas voltan á canceira e necesitan medicación, así como os tratamentos que damos aos animais con insuficiencia cardíaca crónica, e enfermidades crónicas doutro tipo, cuxa medicación e longa e custosa...".

"Esperamos seguir facendo estas cousas que permiten salvar a vida dos animais".


...decidimos que queríamos aportar o noso gran de area para axudar aos animais que rescatan e coidan en PROGAPE. Con este motivo, gustaríamos que coñecerades en que consiste, onde se atopa e cal é a formación desta asociación.


QUE É PROGAPE?


PROGAPE (Protectora de Gatos y Perros de Ourense) é unha asociación sen ánimo de lucro que protexe aos animais, constituida legalmente dende o ano 2002 en Ourense. Un grupo de persoas decidiron unirse en contra dos maltratos e falta de coidados de moitos animais, loitando e traballando pola súa defensa coa creación desta protectora.

Ademais, tratan de promover, participar e apoiar cada acto de información, concienciación ou mellora sobre a situación de gravidade na que se atopan moitos animais por abandonos ou tratos vexatorios. Todos isto ten como obxectivo coñecer os beneficios e responsabilidades que conleva ter un animal.

Por este motivo, esta asociación considera que comezar polos nenos e nenas é fundamental mediante actividades como charlas ou experiencias.

Por outra banda, é importante destacar que levan tamén a xestión da canceira municipal da cidade a través de convenios co propio Concello. É nese lugar onde levan a cabo a meirande parte da súa labor, loitando pola necesidade de respecto e dunha segunda oportunidade para todos os animais.


Cremos que a doazón dos beneficios obtidos coa venda das pulseiras, é unha oportunidade bonita e sinxela para dar exemplo dese cambio que todos e todas podemos ser na sociedade.


ANÍMATE! E non esquezas que... TI ES A ESENCIA DO CAMBIO!





*Se queredes saber máis información acerca de PROGAPE e coñecer outras formas de colaborar coa entidade, podedes acceder a súa páxina web a través do seguinte enlace:



103 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page